"Os inadaptados son por definición os insatisfeitos do mundo sensible, os nemigos da realidade cotiá, os que procuran fuxir do medio que os rodea. De aquí a concepción da arte como evasión." - V. Risco

xoves, 29 de novembro de 2018

TOPONIMIA. O NOSO HERDO



Durante tres días consecutivos (26, 27 e 28 de novembro),  tivemos a sorte de ter connosco a Soledad Ríos para ensinarnos a importancia da toponimia, un xeito de atoparnos coa pegada dos nosos devanceiros. 

A través dunha actividade dividida en dúas partes, teórica e obradoiro, o noso alumnado de 4º da ESO, dun xeito activo, puido coñecer a procedencia e a formación de moitos topónimos moañeses.

A actividade suscitou tanto interese que mesmo se atreveron á pescuda dalgún que outro patronímico dalgún alumno.




Ningún comentario:

Publicar un comentario