Como todos os anos, xa saíu do
forno a nova guía de lecturas da Coordinadora de Equipos de Dinamización
Lingüística do Morrazo. Desta vez, veu uns días antes por se os nosos grandes
lectores queren ter suxestións para anticiparse a posibles agasallos ou compras
de Nadal.
Para o que lle pique a curiosidade
e aínda non recibiu a guía impresa, ten a opción de poder consultala aquí.
E, por suposto, o noso
agradecemento e parabéns a ese profesorado implicado na súa elaboración;
docentes que, de balde, ofrécennos o seu tempo libre para compartir connosco o
seu amor pola divulgación da lectura en galego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario