"Os inadaptados son por definición os insatisfeitos do mundo sensible, os nemigos da realidade cotiá, os que procuran fuxir do medio que os rodea. De aquí a concepción da arte como evasión." - V. Risco

Amosando publicacións coa etiqueta LINGUAQUETRABA RAP. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LINGUAQUETRABA RAP. Amosar todas as publicacións

mércores, 28 de maio de 2014

Galego os 365... 366 se é bisiesto!

Aquí vos deixamos o último vídeo do EDNL elaborado este ano polas Letras Galegas. A música foi feita polo obradoiro musica d'As Barxas! E non esquezades... a lingua hai que falala todos os días do ano.




Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.
Penélope, X. M. Díaz Castro

mércores, 2 de abril de 2014

LINGUAQUETRABA RAP

LINGUAQUETRABA RAP: Aquí tedes o resultado da colaboración do Obradoiro musicabarxas co ENDLG do IES As Barxas. Linguaquetraba é un rap en defensa da lingua galega, fabricado nos recreos. 

A canción participa no certame Cantalingua. 

Vota por nós!!!

http://www.correlingua.org/cantalingua/index.php?option=com_content&view=article&id=163:ies-as-barxas-de-moana&catid=7:cantalingua-2014




Engadimos ademais a letra da canción:

Linguaquetraba rap


Lingua-que-traba! lingua-que-traba
e non traga con nada!
Lingua-que-traba! lingua-que-traba
e non traga con nada!


Pasmooooón..!
non vou ficar impasible ao teu carón
Vou ser coma un xigante
que leve por diante
a quen se pon
coma un mandón
en plan prohibición
coas bocas de mil linguas do Morrazo a Corcubión
e vouche sacar peito
non hai dereito
non podes poñer teito
á recuperación, da:


Lingua-que-traba! lingua-que-traba
e non traga con nada!
Lingua-que-traba! lingua-que-traba
e non traga con nada!

Xa-non-somos-servos-miserentos-,apoucados-sen-alento-,que-consideran-vergoñento-o-seu-acento e ruín!
Non somos coma ti
Que vendes á xente: Tratante!
Nós, somos xigantes!
E sóbrannos folgos
para espetarte:


Lingua-que-traba! lingua-que-traba
e non traga con nada!
Lingua-que-traba! lingua-que-traba
e non traga con nada!


 Ei! Escoita o que che berro
Non rematei contigo!
Menudo erro! Canta incultura!
Querer dar sepultura a un xigante vivo!
Pero a lingua fura dende a terra escura
¡Medo que tes! ¡Botas escuma!
Baixo os teus pes xa treme a rúa
Rézalle ao ceo
Bateremos arreo
na túa cabeza dura


Lingua-que-traba! lingua-que-traba
e non traga con nada!

…