"Os inadaptados son por definición os insatisfeitos do mundo sensible, os nemigos da realidade cotiá, os que procuran fuxir do medio que os rodea. De aquí a concepción da arte como evasión." - V. Risco

mércores, 2 de abril de 2014

LINGUAQUETRABA RAP

LINGUAQUETRABA RAP: Aquí tedes o resultado da colaboración do Obradoiro musicabarxas co ENDLG do IES As Barxas. Linguaquetraba é un rap en defensa da lingua galega, fabricado nos recreos. 

A canción participa no certame Cantalingua. 

Vota por nós!!!

http://www.correlingua.org/cantalingua/index.php?option=com_content&view=article&id=163:ies-as-barxas-de-moana&catid=7:cantalingua-2014




Engadimos ademais a letra da canción:

Linguaquetraba rap


Lingua-que-traba! lingua-que-traba
e non traga con nada!
Lingua-que-traba! lingua-que-traba
e non traga con nada!


Pasmooooón..!
non vou ficar impasible ao teu carón
Vou ser coma un xigante
que leve por diante
a quen se pon
coma un mandón
en plan prohibición
coas bocas de mil linguas do Morrazo a Corcubión
e vouche sacar peito
non hai dereito
non podes poñer teito
á recuperación, da:


Lingua-que-traba! lingua-que-traba
e non traga con nada!
Lingua-que-traba! lingua-que-traba
e non traga con nada!

Xa-non-somos-servos-miserentos-,apoucados-sen-alento-,que-consideran-vergoñento-o-seu-acento e ruín!
Non somos coma ti
Que vendes á xente: Tratante!
Nós, somos xigantes!
E sóbrannos folgos
para espetarte:


Lingua-que-traba! lingua-que-traba
e non traga con nada!
Lingua-que-traba! lingua-que-traba
e non traga con nada!


 Ei! Escoita o que che berro
Non rematei contigo!
Menudo erro! Canta incultura!
Querer dar sepultura a un xigante vivo!
Pero a lingua fura dende a terra escura
¡Medo que tes! ¡Botas escuma!
Baixo os teus pes xa treme a rúa
Rézalle ao ceo
Bateremos arreo
na túa cabeza dura


Lingua-que-traba! lingua-que-traba
e non traga con nada!

Ningún comentario:

Publicar un comentario