"Os inadaptados son por definición os insatisfeitos do mundo sensible, os nemigos da realidade cotiá, os que procuran fuxir do medio que os rodea. De aquí a concepción da arte como evasión." - V. Risco

martes, 13 de noviembre de 2018

MAGOSTO NAS BARXAS !!!

            O venres 9 de novembro tivemos magosto!!!
Alén de comer as saborosas castañas, enredamos con vinte e catro  xogos populares (bolos, carreiras de carozos de millo, cruz de espigos, labirinto colgante, pa furada, pescar peixes, quebracabezas, buxainas, zancos de corda, etc). E, por suposto, o alumnado do ENL foron os encargados dos xogos ( montaron e desmontaron os xogos, fixeron de monitores e árbitros…).







       
E este marabilloso tempo de lecer, estivo amenizado por música popular galega. Bailamos ao son das gaitas, pandeiretas, bombos… do alumnado colaborador do ENL. Realmente, foi unha festa rachada!




         


                               


















jueves, 1 de noviembre de 2018

O SAMAÍN

             Do 29 ao 31 de outubro a nosa rapazada expón deseños de cabazas do máis orixinais. Desde o equipo de normalización, o alumnado de primeiro da ESO expón traballos sobre o Samaín (orixe, tradicións en Galiza, relación co mundo celta, etc).










domingo, 28 de octubre de 2018

"GOLDI LIBRE"

            O 26 de outubro, o alumnado de primeiro de bacharelato, a través do programa “Ponteatro”, asistiu ao Teatro Principal de Pontevedra para ver o espectáculo “Goldi Libre” do Grupo Chévere.

A obra sitúanos na época da transición española e na loita dos movemento de insubmisión  que levou a centos de mozos ao cárcere. “Goldi Libre” é un testemuño persoal do propio César Goldi, actor que padeceu a perda de liberdade como preso de conciencia por negarse a realizar tanto o servizo militar como a prestación social substitutoria.

“Goldi Libre” traslada unha realidade moi próxima temporalmente, anos 80 e 90, pero moi afastada do noso alumnado, os cales descoñecían os movementos que fixeron posible que a mili e a prestación social substitutoria deixasen de ser obrigatorias para os mozos que cumprían a maioría de idade.


MOAÑA, HISTORIA FOTOGRÁFICA

            O día 2 de outubro tivemos a sorte de ter connosco a Xosé Carlos Villaverde, Xesús Cancelas Franco e Manuel Anxo Méndez; membros da asociación  Agrupación Cultural Nós e autores dos catro tomos de Moaña, historia fotográfica
Grazas a eles, o alumnado de 3º da ESO, a través da ollada da fotografía, mergullouse na historia moañesa do século XX e reflexionou, en branco e negro, sobre as mudanzas da nosa vila (paisaxe, oficios, costumes ...)
A esta actividade, que o EDNL leva desenvolvendo estes anos, achegámonos por mediación do programa do concello Moaña Aprende.



viernes, 29 de junio de 2018

ACTUACIÓN SU GARRIDO

Finalmente trouxemos a actuación prevista para a semana das letras e que non foi posible efectuar daquelas pola sobrecarga de actividades. Así que cara final do curso visitounos a poeta Su Garrido Pombo que nos ofreceu preto dunha hora de recital musicado á guitarra das obras actuais do verso en galego. O alumnado do Club de Letura, do EDNL e de galego gozou do seu bo facer. Ademais dos citados tamén colabora a Biblioteca.

Canto talento ten esta moza!!


viernes, 8 de junio de 2018

CASTELAO IN SITU


 O  17 de xaneiro, cincuenta e tres alumnos de 4º ESO desprazáronse a Pontevedra para participar en dúas actividades organizadas polo Departamento de Lingua Galega na que colaborou o EDNL do Centro

1) Visita á Sala Castelao do Museo de Pontevedra. Con base na observación dos fondos do autor rianxeiro que se encontran expostos (debuxos, caricaturas, cadros, máscaras teatrais, carteis...) e outros relacionados coa súa figura, o alumnado realizou unha unidade didáctica elaborada polo propio museo.
2) Roteiro Castelao. Cun documentado e ameno guía fornecido polo Concello de Pontevedra, demos un longo paseo pola Boa Vila (principalmente pola zona histórica), onde non só nos explicaron os lugares relacionados con Castelao senón que tamén nos deron interesantes informacións sobre a evolución histórica da cidade


CARANVEXOTV


O Concello de Moaña en colboración cos EDNL dos centros bota a andar esta canle televisiva escolar que servirá para aloxar a produción audiovisual e para publicar traballos colaborativos. Longa vida!

Podedelo seguir en