"Os inadaptados son por definición os insatisfeitos do mundo sensible, os nemigos da realidade cotiá, os que procuran fuxir do medio que os rodea. De aquí a concepción da arte como evasión." - V. Risco

domingo, 28 de outubro de 2018

"GOLDI LIBRE"

            O 26 de outubro, o alumnado de primeiro de bacharelato, a través do programa “Ponteatro”, asistiu ao Teatro Principal de Pontevedra para ver o espectáculo Goldi Libre do Grupo Chévere.

A obra sitúanos na época da transición española e na loita dos movemento de insubmisión  que levou a centos de mozos ao cárcere. “Goldi Libre” é un testemuño persoal do propio César Goldi, actor que padeceu a perda de liberdade como preso de conciencia por negarse a realizar tanto o servizo militar como a prestación social substitutoria.

Goldi Libre traslada unha realidade moi próxima temporalmente, anos 80 e 90, pero moi afastada do noso alumnado, os cales descoñecían os movementos que fixeron posible que a mili e a prestación social substitutoria deixasen de ser obrigatorias para os mozos que cumprían a maioría de idade.


Ningún comentario:

Publicar un comentario