"Os inadaptados son por definición os insatisfeitos do mundo sensible, os nemigos da realidade cotiá, os que procuran fuxir do medio que os rodea. De aquí a concepción da arte como evasión." - V. Risco

luns, 13 de marzo de 2017

OPS!

Venres 10 de marzo

@s moz@s de 1º Bach asistiron aos obradoiros de achegamento á lusofonía na Biblioteca do Insti impartidos polo Quique Martíns e ofertados pola AGAL.

Foi unha iniciativa promovida polo EDNLinguaquetraba que tivo moi boa acollida. Tamén colaborou o Departamento de Galego e nomeadamente o seu profesor Moisés.

De feito @s 60 alumn@s comprobaron como con só mudar unhas cousiñas e atendendo a uns cantos trucos xa eran competentes para se defender en portugués e así acceder a ese basto mundo que abre a lusofonía. E todo de xeito freco e interactivo. Moito obrigado ao mestre.







Ningún comentario:

Publicar un comentario