"Os inadaptados son por definición os insatisfeitos do mundo sensible, os nemigos da realidade cotiá, os que procuran fuxir do medio que os rodea. De aquí a concepción da arte como evasión." - V. Risco

mércores, 8 de xaneiro de 2014

VISITOUNOS ELIAS PORTELA

Elías Portela no IES As Barxas


Os membros do EDNLinguaquetraba asisten á charla

Visitounos Elías Knörr, alter ego de Elías Portela ( Cangas do Morrazo, 1981). Elias é un poeta e tradutor en galego e islandés. Con este pseudónimo medieval foi escollido coma un dos tres poetas máis representativos da lírica actual islandesa, na centésima edición da" Poetry Review" do Reino Unido. A súa obra baséase nas posibilidades das palabras e na busca dunha inspiración completamente externa ao autor. Adapta ao galego, imaxes e conceptos poéticos doutros idiomas, entre eles, a súa lingua artificial propia," lwyma"

Ningún comentario:

Publicar un comentario