"Os inadaptados son por definición os insatisfeitos do mundo sensible, os nemigos da realidade cotiá, os que procuran fuxir do medio que os rodea. De aquí a concepción da arte como evasión." - V. Risco

luns, 19 de maio de 2014

PARA ESMENDRELLARSE! CONTACONTOS CELSO SANMARTÍN

Visita de Celso Fernández Sanmartín ao IES As Barxas




O pasado luns 19 de maio, visitou o noso centro Celso Fernández Sanmartín nunha actividade organizada polo Departamento de Normalización Lingüística, na que descubrimos e disfrutamos dun extraordinario narrador e un excelente contador de contos e historias tiradas maioritariamente da tradición oral.

A experiencia foi fantástica xa que todos os presentes poidemos escoitar, rir e disfrutar cos contos e historias que Celso leva recollendo toda a vida e aprender que “o galego está vivo e ten moitas posibilidades de comunicación”, tal e como xa anticipara o noso compañeiro Brais cando o presentou

Ningún comentario:

Publicar un comentario