"Os inadaptados son por definición os insatisfeitos do mundo sensible, os nemigos da realidade cotiá, os que procuran fuxir do medio que os rodea. De aquí a concepción da arte como evasión." - V. Risco

luns, 26 de maio de 2014

EN GALEGO CON TODA A FRESCURA!

En galego, con toda a frescura


O Instituto As Barxas participa na campaña: “En galego, con toda a frescura” promovida dende o Servizo de Normalización do Concello.
Varios grupos de alumno@s da ESO, tanto de primeiro coma de terceiro foron os protagonistas da campaña, axudados polas súas profesoras Lorena Pérez, Iria Collazo e Matilde Llano.
Esta consistiu en contactar con Supermercados e tendas, e recoller o  léxico dos produtos frescos que ofertan. Despois correxiron e clasificaron as palabras na aula e traballaron os seus significados. Este material entregóuselle ao Concello que editou unhas listas da compra cos nomes dos alimentos no noso idioma.
Os rapaces quedaron satisfeitos co resultado e participaron na presentación pública da campaña no Mercado de Moaña o día 29 de maio repartindo as listas entre os postos e os clientes. Tamén levarán este material aos Supermercados e Tendas colaboradores nos vindeiros días.

Velaí a ligazón á nova no Faro


Ningún comentario:

Publicar un comentario