"Os inadaptados son por definición os insatisfeitos do mundo sensible, os nemigos da realidade cotiá, os que procuran fuxir do medio que os rodea. De aquí a concepción da arte como evasión." - V. Risco

martes, 12 de novembro de 2013

CIENCIA EN GALEGO

Videoconferencia "Como medir tamaños e distancias da Terra, a Lúa e o Sol"


O martes 12 de novembro os nosos alumnos de 1º e 2º de Bacharelato asistiron no Salón de Actos do Centro a unha videoconferencia sobre "Como medir tamaños e distancias da Terra, a Lúa e o Sol" dentro das actividades do Día da Ciencia en Galego. O relator foi Jorge Mira,  Doutor en Física e Catedrático da Área de Electromagnetismodo Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela.
Destacou a importancia da Grecia Clásica nos avances nesta materia e explica os métodos seguidos polos gregos para sabe-lo tamaño do mundo que habitamos e calcula-la distancia á lúa e o sol e os seus tamaños, usando tan só o bo hábito de observar con coidado o que nos rodea.

Ningún comentario:

Publicar un comentario