"Os inadaptados son por definición os insatisfeitos do mundo sensible, os nemigos da realidade cotiá, os que procuran fuxir do medio que os rodea. De aquí a concepción da arte como evasión." - V. Risco

xoves, 13 de marzo de 2014

CONTOS NA LAREIRA



METE MEDO!

Velaí o gravación da obra de Samaín do EDNLinguaquetraba





CONTOS NA LAREIRA, unha fermosa obra feita polo Equipo de Normalización do noso centro para a celebración do Samaín 2013, baixo a dirección do noso compañeiro Brais Pérez.



Actores:
Iván Rodríguez coma Roxelio
Rubén Paredes coma Manel
Noelia Nores coma Xaquina
Zaida Martínez coma Carmucha
Lucía Fernández como unha aparición
Patricia González, luces e son
Pablo Martínez, Carla García, Laura Carrera e María Piñeiro na Organización, recepción, cámaras.

Sinopse:

Eleximos para os días anteriores e posteriores a Defuntos, coincidindo na época do Samaín, teatralizar uns cantos contos de medo da nosa tradición oral popular. Extraimos as historias do libro de X.R.Mariño Ferro, "Aparicións e Santa Compaña" aínda que as varíamos un chusco, integrando varias e relacionándoas cun fío condutor. A escenificación tentaba recrear o ambiente no que se producirán e transmitirán estas historias. Ao redor da laceria catro veciños dunha aldea do rural contan vivencias nas que aparecen as Misas de Defuntos, a Santa Compaña, Aparecidos e Posesións, Agoiros e Premonicións da Morte....En cinco sesións calculamos que asistiron entre profesores e alumnado preto de 80 persoas.

Cal era o obxectivo? De xeito lúdico coñecer e revalorizar a nosa tradición fronte ao dominio do Halloween, manifestación que desplaza a maneira que tiñamos de nos relacionar co medio, que non era peor e que se pode adaptar perfectamente aos tempos.

Música:
O vídeo inclúe a canción "Negra Sombra" de Milladoiro, unha das máis emblemáticas cancións da música galega, baseada no poema de Rosalía do mesmo nome.


Ningún comentario:

Publicar un comentario