"Os inadaptados son por definición os insatisfeitos do mundo sensible, os nemigos da realidade cotiá, os que procuran fuxir do medio que os rodea. De aquí a concepción da arte como evasión." - V. Risco

luns, 18 de marzo de 2019

FACENDO AMIG@S POR SKYPE

O alumnado de 1º ESO dos ENDL de As Barxas e do IES de Mos coñécense por Skype.
   Comezamos as nosas primeiras sesións de skype. Fixemos unha presentación para saber os nosos nomes, afeccións, etc, porque aínda estamos a coñecernos.
   E xa observamos que entre moit@s danse similitudes nos nosos gustos xa que, aínda que de concellos diferentes, a idade aproxímanos.

         




domingo, 3 de marzo de 2019

REGUEIFANDO

   O 19 e o 26 de febreiro, alumn@s de 2º da ESO asistiron aos obradoiros de regueifas. Josiño explicounos a orixe das regueifas e ensinounos a improvisar seguindo o modelo da copla popular. 
   Foi difícil escoller a dez regueifeir@s para a final do Morrazo, porque contamos cun alumnado de moita calidade improvisando poesía popular. O 9 de abril terán que disputar as súas coplas co alumnado doutros centros e temos a seguridade de que As Barxas vai quedar en moi bo lugar.



REMATE DE CAMPAÑA E PHOTOCALL ROSALÍA

   As Barxas rematou a Campaña!!!
   Algúns A FORZA acompañounos e remataron "jedi" en galego. Outros caeron no lado escuro, aguantando máis ou menos días; pero foron facendo camiño.
   Para ver os vosos vídeos, estamos a penduralos no blog:
   Pedímosvos paciencia, se non atopades o voso vídeo. Estamos a penduralos aos poucos e tamén temos pensado facer uns vídeos en grupo coas vosas valoracións. 
   Para ver as vosas fotos xunto a Rosalía, remitímosvos ao Instagram de Irma e Alba. Alí, estas dúas alumnas de 4º están á vosa disposición para todo o que queira fotografarse facendo promoción da nosa lingua.

luns, 4 de febreiro de 2019

MOAÑA: 21 DÍAS EN GALEGO

     O día 1 de febreiro comezamos a nosa singradura en Moaña. En As Barxas arrincamos con 148 alumn@s e moita alegría.
     E para o inicio de campaña, tivemos a alcaldesa, Leticia Santos, e ao concelleiro de ensino, Aldán Santamarina, no noso instituto.
     E saímos na prensa:https://www.farodefigo.es/portada-o-morrazo/2019/02/02/moana-fala-21-dias-galego/2044360.html

EXPOSICIÓN DE CARTEIS A PROL DA LINGUA

     Para animar a Campaña da lingua, fixemos uns marabillosos carteis a prol do noso idioma. Puxémolos a tender para que corran ceibes como o galego no noso instituto.






 

CARANVEXO TV

     Aí vai o telexornal de As Barxas. @s nos@s reporteir@s andan ás voltas co Festival de Teatro do Morrazo e coa Campaña "Moaña: 21 días en galego" .
                        Se queres ver as nosas reportaxes, preme no enlace que esta por riba do noso caranguexo:

                                                   Caranvexornal As Barxas


domingo, 20 de xaneiro de 2019

CRES EN PANTASMAS?

          Co gallo do Samaín, decidimos crear unha curtametraxe que fixese referencia á literatura oral da Santa Compaña. Demorou máis do que pensabamos pero ao final saíu adiante.
          Este proxecto foi realizado completamente por alumn@s, agás da pequena actuación de dúas profesoras. El@s elaboraron o guión, rodaron, actuaron... Os meus parabéns ao alumnado do ENDL!