"Os inadaptados son por definición os insatisfeitos do mundo sensible, os nemigos da realidade cotiá, os que procuran fuxir do medio que os rodea. De aquí a concepción da arte como evasión." - V. Risco

venres, 31 de maio de 2019

ENCONTRO EN GUIMARÃES


   O alumnado de 1º de ESO do ENDL de As Barxas tivo varias sesións de skype co alumnado do mesmo curso do IES de Mos, onde, por suposto, tiñan que empregar como lingua vehicular o galego. E, por fin, o 24 de maio puideron atoparse sen pantallas, cara a cara, para pasar un marabilloso día na localidade portuguesa.
   Sumouse ao encontro algúns/algunhas alumn@s do noso ENDL e alumnado de portugués do IES de Mos.


   En Guimarães visitamos o Castelo e o Paço dos Duques,



                                                            fixemos un roteiro á busca do casco histórico,


                   subimos ao monte da Penha en teleférico

                                                      e alí realizamos un percorrido no seu Mini-trem

xoves, 30 de maio de 2019

CONCURSO: O MELLOR VIDEOCLIP

         Este concurso, xa tradicional no noso centro, consiste en escoller o mellor videoclip en galego.
         Este ano, foi o alumnado de 4º da ESO e de 2º de Bacharelato do ENDL o encargado de seleccionar os videoclip para votar, xestionar o equipo audiovisual e supervisar a votación nos recreos.
         E, ao igual que o ano pasado, voltou a gañar Ezetaerre
                                               desta vez coa canción “Non é verán de Estrella Damm”

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

   O 15 de maio o alumnado de 3º ESO abraiounos coa súa detreza en baile galego. O bailarín Manolo Cobas, nun par de obradoiros, conseguiu pór @s nos@ moz@s a bailar.
   Ademais, tivemos a sorte de contar con música en directo. Un grupo de alumn@s, coa colaboración do profesor de música, amenizounos cunhas pezas nas que non faltou de nada, mesmo tivemos coro.

   O 16 maio o noso grupo de teatro representou a obra “Un lugar”; dirixida por Davide González e Vanesa Sotelo. 
   Na obra, personaxes reais e ficiticias procuran entender cal é o seu lugar no mundo nun marco espacial afastado de todo.
   O noso elenco: Mario Lorenzo, Aroa Barreiro, Laura García, Ana Boubeta, Daniel Sotelo, Carmen Rúa, Ayelén Giambroni, Antía Táboas, Estela Sobral, Leire González, Noelia Paredes, Alicia Pazos, Alba Nogueira, Helena Ferrer, Francis Drake.
   A obra, que xa fora presentada no Motesmo, voltou a ter moi boa acollida. Parabéns a tod@s!!!


   O alumnado de 2º da ESO realizou unha exposición cos seus Caligramas; se ben non quedou moi colorida, si que brillou a súa creatividade.


martes, 21 de maio de 2019

OPS!

   O trece de maio os primeiros de bacharelato tiveron os obradoiros de portugués. 
   Graciela fíxonos reflexionar sobre a vantaxe que nos oferta o noso vencello co portugués, tanto a nivel cultural como laboral. Despois dunhas cantas pautas a ter en conta coa lingua lusa (diferentes grafías, falsos amigos, etc) aprendemos a ler á galega o portugués e fomos conscientes que, cun simple obradoiro, xa estamos capacitados para entender e falar en portugués.



luns, 6 de maio de 2019

O NOSO SEGUNDO CARANVEXO

Xa chegou o noso segundo CaranveXornal. 
     E como o noso centro encheuse de famos@s, @s nos@s reporteir@s tiveron a oportunidade de entrevistar a escritora Yolanda Castaño, o actor Fran Paredes que acudiu ao Motesmo, e o artista Diego Seixo e a actiz Marián Bañobre que foron convidados á nosa exposición ARTeatro.

                                                   


domingo, 14 de abril de 2019

CERTAME COMARCAL DE POESÍA IMPROVISADA

O nove de abril asistimos ao Certame comarcal de poesía improvisada do Morrazo.
Entre o alumnado de segundo da ESO, dez foron escollid@s para representar ao noso instituto. 
O nivel de regueifeir@s foi ben alto. E, regueifando e regueifando, pasaron á final catro alumn@s de As Barxas. Quedamos segundos e pasamos un animado tempo de lecer.






domingo, 31 de marzo de 2019

YOUTUBEIR@S

     O venres 29 de marzo, primeiro de bacharelato asistiu ao Obradoiro para Youtubeir@s.
Sabela e Adriana estiveron motivándonos para participar neste concurso que, ademais dos suculentos premios aos que podemos optar, contribuímos a espallar a nosa lingua na rede. Explicáronnos a orixe de Youtubeir@s, as bases (diferentes categorías premiadas, premios, etc) e algúns trucos para resolver cuestións técnicas nas nosas creacións. Finalmente, amosáronnos algúns vídeos gañadores en anteriores certames e convidáronnos a asistir á Gala de entrega de premios.
  
@s que esteades interesad@s en participar, podedes consultar as bases no seguinte enlace: